Persoalmente, considero cos compañeiros 15M teñen todo o dereito do mundo a convocar mobilizacións cando e onde se consideren máis axeitado, que sempre terán o meu apoio e simpatía.
En calquera caso, a situación do sistema público de saúde é grave o suficiente e importante (porque estamos na ofensiva do goberno galego e central para privatizalo a curto prazo), que fai necesario organizar una enérxica resposta social articulada, en que involucremos a todos os sectores sociais, sanitarios, políticos e sindicais afectados para facerlle fronte (sen retraso pero sen precipitación para non crear frustración e sentimentos de derrota social). Organizar a batalla require vontade, determinación, intelixencia e usar toda a experiencia que temos acumulada.
A feito de que toda a sociedade está afectada (a non ser os grupos empresariais, financeiros e profesionais que lucraranse da mesma), significa que, na miña opinión, hai que apostar por unha mobilización o mais contundente posible. Para elo deberiamos articular unhas alianzas cada vez máis amplas en base o consenso e de forma unificada, con lealdade, xenerosidade e evitando o uso do mesmo partido (en todos os sentidos).
De calquera xeito paso a de estender o chamamento dos compañeiros da Coruña 15M
Saúdos
Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
De: Jose M. [mailto:juansu2@yahoo.es]
Enviado el: jueves, 05 de enero de 2012 20:51
Para: mmartin@nodo50.org
Asunto: Rv: [AM] Fwd: !!toma la calle!! por la sanidad el 15 Enero
Os reenvio el correo un grupo del 15M de A Coruña que ha decidido hacer un llamamiento para una manifestacion con concentración el dia 15 de Enero.
Saludos
----- Mensaje reenviado -----
De: El Cos Rubén <elcos_ma@hotmail.com>
Para: Acampada: Acción Noe Fifti Fifti <n03l14@hotmail.es>; Desahucios José Miguel <juansu2@yahoo.es>
Enviado: jueves 5 de enero de 2012 20:38
Asunto: FW: [AM] Fwd: !!toma la calle!! por la sanidad el 15 Enero
Date: Thu, 5 Jan 2012 16:05:08 +0100
Subject: [AM] Fwd: !!toma la calle!! por la sanidad el 15 Enero
From: asambleamontealto@gmail.com
To: asambleamontealto@googlegroups.com
---------- Forwarded message ----------
From: Nieves Villar <cedeira_tui@hotmail.com>
Date: 2012/1/5
Subject: Re: !!toma la calle!! por la sanidad el 15 Enero
To: Interbarrios <rede_interbarrios@googlegroups.com>
Ben, informo:
Independentemente da decision que se vaia tomar como Rede, o permiso
está pedido de 18.00 a 20.00 para realizar unha manifestación desde a
praza de María Pita ao Obelisco o domingo 15 de xaneiro baixo o lema
"Toma as rúas pola sanidade pública" ou "Toma las calles por la
sanidad pública" (A min gústame empregar o galego)
A maiores solicitouse un permiso de concentración no Obelisco desde as
12.00 ata as 21.00h do mesmo día, por se lle queremos dar uso.
Espero que a ninguén lle pareza mal o tomar decisións entre uns
poucos, pero non había máis tempo para solicitar o permiso. PLAN DE
URXENCIAS, XA!!!!!!
Agora cun pouco máis de calma (non moita que falta moi pouco tempo,
podemos decidir se se fai ou non.)
Sería bo, creo eu, que se contestase antes do luns e poder realizar o
evento propio da Coruña como Rede se as Asambleas de Interbarrios
están de acordo.
Tamén estaría ben notificarllo aos de SOS Sanidade. Alguén ten o
contacto? Vou intentar buscalo de todos xeitos. Eles non dependen de
nós, así que é unha decisión aparte da nosa.
Un saúdo.
Nieves Villar

No hay comentarios:
Publicar un comentario