mándovos info desta finde alternativa en Chantada, agradécese difusión :-)
o sábado
as 5 do serán, charla sobre agroecoloxía
"a importancia do solo como medio vivo na agricultura ecolóxica"
pola noite cea preparada por nós mesmos con productos locais aportados por todos (agradécese colaboración, pero non é imprescindible)
o domingo
pola mañá, percorrido pola Ribeira Sacra, castros, arte e maravillas da natureza
e pola tarde do domingo aproveitaremos un espazo que nos deixan na zona da ribeira muy idóneo, acéptanse suxerencias, pero polo de agora hai estas ideas:
- o xogo das cousas útiles, a idea e que cada persoa aporte 1 ou 2 coñecementos que lle foron realmente útiles na vida para estar mellor. Pódese referir isto a diferentes cousas, desde cousas cotiás, da vida laboral, do campo emocional, espiritual, técnico, social, . . . pódese participar sen aportar nada, so escoitando. Normas do xogo: ninguén poderá rebater a aportación de ninguén durante o xogo, soamente se poderá preguntar si se teñen dubidas ou non se entende, pero non se trata de que estemos dacordo, e soamente compartir. Tamén se poderá complementar a información dun compañeiro. Haberá unha pausa mínima de 15 segundos entre intervencións e cada un introducirá a súa aportación cando o considere oportuno.
- paréceme interesante que empezacemos a compartir impresións do novo paradigma no que moitos andamos a investigar
- sesión con cuencos tibetanos
- meditación
animámosvos a participar
todo é de balde, viva o traballo voluntario
se vindes dous días de fora, podemos tratar de xestionar o aloxamento solidario entre nós
para máis info: 699492712 serradofaro@gmail.com
agradécese confirmación de asistencia
apertas Marcos Gay

No hay comentarios:
Publicar un comentario