...

lunes, 9 de enero de 2012

Fedatarios ILP SOS Sanidade Pública

Proposta de Intruccións  sobre as funcións da fedatarios da ILP



 

1) Cada fedatario debera

a) Facerse cargo dun número determinado de pregos para a recollida de firmas que entregará ao a persoa designada por cada Plataforma para coordinar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), unha vez cumprimentados ou cando xa non poida recoller máis firmas. O fedatario debe velar para que os pregos nin se perdan nin se estraguen.

b) Buscar persoas dispostas a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular e recoller as súas firmas no prego oficial, xunto con todos os datos que figuran no mesmo.

c) Comprobar e dar fe da identidade da persoa que asina.

d) Asinar a dilixencia que consta ao final do prego, unha vez que conclúa a recollida de firmas, facendo constar o número de firmas recolleitas e a data.

e) Devolver á organización todos os pregos que se lle entregaron convenientemente conservados unha vez que conclúa o proceso de recollida de firmas.

2) Criterios a ter en conta polo fedatario

a) As firmas deben recollerse nos pregos orixinais. Os pregos de firmas non se poden fotocopiar.

b) O prazo legal durante o que se poden recoller firmas é de catro meses, pero para o éxito da campaña é moi conveniente que se aproveiten ao máximo as primeiras semanas.

c) Ningunha persoa pode asinar máis dunha vez en apoio da Iniciativa lexislativa popular.

d) A fin de evitar a perda ou deterioración dos pregos, convén que o fedatario vaia devolvendo os pregos á persoa designada por a Plataforma correspondente, segundo os vaia concluíndo, ou cando xulgue que xa non pode recoller máis firmas, sen esperar a que conclúa o prazo.

e) O fedatario debería transmitir cada 15 días á persoa designada por cada Plataforma a información sobre o número de firmas recollidas ata ese momento.

 

Recordo que

 

Cada organización deberá designar polo menos tres en cada Plataforma ( cada Plataforma  deberá elexir polo menos seis en total)  que deben remitirse por correo certificado a este enderezo:

CIG-SAÚDE

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10

15703 Santiago de Compostela

 

 

Un saudo

Manuel Martín

Portavoz SOS Sanidade Pública

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario