NOTA DE PRENSA
Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública queremos facer chegar ao Parlamento de Galicia o rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012.
Por este motivo a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentración maña dia 21 de decembro ás 5 da tarde diante do Parlamento de Galicia, aos representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran coincidindo co debate da Lei de Acompañamento dos orzamentos sanitarios para o próximo ano, diante do Parlamento de Galicia ( para a que se solicitou autorización legal).
| |
Aínda que á mesma están convocados representes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública e das organizacións que integran SOS Sanidade Pública, facemos extensivo o chamamento a todos os cidadáns que queiran a que se somen á mesma, dado que os recortes e privatizacións afectaran gravemente a todos os galegos/as e quen residen na CCAA.

No hay comentarios:
Publicar un comentario