...

viernes, 16 de diciembre de 2011

Rv: SÁBADO 17 DE DECEMBRO ÁS 17.00 NA PRAZA DO TOURAL DE SANTIAGO.CONCENTRACIÓN DE URXENCIA


----- Mensaje reenviado -----
De: Queremos Galego <admon2@amesanl.org>
Para: juansu2 <juansu2@yahoo.es>
Enviado: viernes 16 de diciembre de 2011 3:03
Asunto: SÁBADO 17 DE DECEMBRO ÁS 17.00 NA PRAZA DO TOURAL DE SANTIAGO.CONCENTRACIÓN DE URXENCIA

CONCENTRACIÓN DE URXENCIA O SÁBADO 17 DE DECEMBRO ÁS 17.00 NA PRAZA DO TOURAL DE SANTIAGO.
TEMOS LINGUA PROPIA. VALEDOR E CONSELLEIRO DEMISIÓN!
QUEREMOS GALEGO.
 
Prezada/o amiga/o:
Ante o ocultamento que veñen sufrindo as nosas accións e iniciativas no relacionado coa tentativa de censura dun libro de texto por parte do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación, polo único feito de citar o artigo 5.1 do Estatuto galego, que di: O Galego é a lingua propia de Galiza, co agravante de utilizaren  a mentira e a manipulación (podes ver o tema aquí) como xustificación desta actitude que só mostra o odio cara á nosa lingua destas persoas, enviámosche a nota de prensa que se enviou aos medios con motivo da concentración celebrada hoxe xoves 15 de decembro diante da sede do Valedor do Pobo.
Agradeceriamos que utilizaras todos os medios ao teu alcance para a difusión desta convocatoria: Facebook, Twitter, sms, mail, Whats app...
Se nos queres atopar podes facelo a través das páxinas http://www.queremosgalego.org , http://www.facebook.com/queremosgalego ou no twitter en @queremosgalego . 
Animámoste ademais a participares das seguintes accións, a comezar pola concentración de urxencia que terá lugar o sábado 17 de decembro ás 17 horas na praza do Toural de Santiago de Compostela.
Accións de Queremos Galego contra a censura dun libro de texto que reproduce o artigo 5.1 do Estatuto
 
 
-       Mobilización este sábado ás 17 h na praza do Toural (Santiago de Compostela), exixindo o cesamento do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación, que deu amparo á censura dun libro de texto por dicir que o galego é a lingua propia de Galiza.
 
-       Envío de correos individuais á presidenta do Parlamento para que os grupos políticos cesen o Valedor: Descárgao aquí. Envíao ao correo da Presidenta do Parlamento: pilar.rojo.noguera@parlamentodegalicia.com   
 
-       Envío de correos individuais ao presidente da Xunta para que cese o conselleiro de Educación: Descárgao aquí
Envíao ao correo do Presidente da Xunta: 
 
NOTA DE PRENSA
Queremos Galego concentrouse esta mañá ante a sede do Valedor do Pobo exixindo o cesamento de Benigno López e o fin "da caza de bruxas" contra o galego 
Representantes da plataforma cidadá fixeron entrega dun escrito no rexistro do Valedor e escritos aos grupos parlamentarios para que a cámara acorde a súa destitución. 
Para este sábado está convocada unha nova concentración cidadá ás 17 horas na Praza do Toural de Santiago de Compostela 
 
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.- Esta mañá tivo lugar ás portas da sede do Valedor do Pobo a primeira das concentracións cidadás convocadas con carácter de urxencia pola plataforma Queremos Galego para exixir a dimisión, ou inmediato cesamento do alto comisionado do Parlamento, polo seu amparo legal á censura dun libro de texto de Coñecemento do Medio que reproduce literalmente: "O galego é a lingua propia de Galiza", tal e como sinala o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía, ao falar dos signos distintivos do país.  
No transcurso do acto, unha representación da plataforma cidadá fixo entrega dun escrito por rexistro no Valedor exixíndolle que dimita "por non estar a cumprir as funcións propias do seu cargo que define a lei pola que se rexe a institución" e dirixiuse logo ao rexistro do Parlamento de Galiza, onde fixo entrega de escritos dirixidos aos tres grupos con representación na cámara "para que sexa a mesma institución encargada do nomeamento do Valedor a que o destitúa". Á representación das entidades que compoñen a xestora de Queremos Galego sumáronse actores como Mónica Camaño ou Vicente da Souza ou a escritora Teresa Moure.  
Queremos Galego convoca para este sábado 17 de decembro ás 17 horas na Praza do Toural de Santiago de Compostela a segunda das concentracións cidadás inicialmente previstas. Con ela, ademais de reiterar a demanda social de cesamento de Benigno López como Valedor do Pobo, a plataforma cidadá chama a exixir do propio presidente da Xunta "que poña fin de vez á inxusta caza de bruxas contra a lingua e a cultura galegas iniciada" e que destitúa para iso Jesús Vázquez como conselleiro de Educación por ser, ao entender de Queremos Galego, "un dos principais instigadores" da dita caza.  
A plataforma cidadá reiterou, tal e como sinalou o seu portavoz nacional, Carlos Callón, ao finalizar o acto, "que non hai ilegalidade nin inexactitude xurídica nin doutro tipo" no contido do libro de texto que se pretende censurar. E é que Queremos Galego xa denunciou que no propio libro, no mesmo tema, aparece perfectamente explicado unha páxina antes que o "o castelán é a lingua oficial do Estado", segundo sinala a Constitución española. "Sería unha reiteración innecesaria, por absurda, ter que reproducir un artigo enteiro do Estatuto nun manual para un nivel de 5º de Primaria". "Trátase de que o alumnado coñeza os símbolos propios de Galiza; non de que prepare unhas oposicións ou estude Dereito", conclúe a plataforma. 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario