PROPOSTA PARA A CONCENTRACION FRONTE AO PARLAMENTO DO DÍA 21 DE DECEMBRO CONTRA AS PRIVATIZACIÓNS E RECORTES DOS SERVIZOS SANITARIOS
1.- Ás 4 da tarde as persoas acreditadas entraran no Parlamento. Estes manteranse en completo silencio durante o debate para evitar que se nos acuse de interromper o debate do parlamento, até as 17:30 horas cando, en silencio e sen interromper o debate, levantaremos carteis en A3 co lema: SOS Sanidade Pública. Nin recortes nin privatizacións.
Tratase de conseguir unha foto dos medios que están dentro do parlamento, non de saír na páxina de sucesos. De ser desaloxados sairiamos en silencio mostrando os carteis, se non nos desaloxan tamén sairiamos para unirnos á concentración.
2.- Ás 5 comezará a concentración das Plataformas fronte ao Parlamento despregando as pancartas de cada unha delas. Non se admitirán símbolos ou bandeiras partidarias de ningunha organización.
3.- A Las 5,30 as persoas que están dentro do Parlamento abandonarano (en silencio) xunto cos portavoces sanitarios dos dous grupos da oposición.
4.- Os manifestantes farán entrega aos representantes parlamentarios da oposición das bolsas co material de supervivencia das persoas atendidas nos hospitais públicos se vai adiante a proposta de Núñez Feijoo de facer pagar aos pacientes pola comida ou os servizos de hixiene (fiambreira ou bocadillo, botella de auga, esponxa e xabón)
5.- Os portavoces de ambos os grupos, xunto cos representantes da Plataforma SOS Sanidade Pública, farán entrega dos mesmos no rexistro do Parlamento acompañadas do seguinte escrito de xustificación:
“Os representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran, agrupadas na Plataforma SOS Sanidade Pública queremos facer chegar ao Parlamento de Galicia o seu rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012.
Entre as medidas que rexeitamos están a privatización do financiamento e xestión dos novos hospitais e centros de saúde; a paralización da actividade dos hospitais públicos pola tarde; o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria subscrito pola presidencia da Xunta de Galicia coa organizacións profesionais e sindicais; a supresión dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais; o desmantelamento de áreas sanitarias; a supresión de servizos de ambulancias; a privatización dos servizos de diáleses nalgúns centros; a privatización dos servizos de información aos usuarios, de informática e a Central de Compras; o pago pola xestión das tarxetas sanitarias; o pago por adiantado sen garantía das próteses das persoas intervidas cirurxicamente ou que padezan serias discapacidades; a redución dos fondos para prevención das drogodependencia ou da SIDA ; a redución de fondos para a atención ás discapacidade a pesar de que Galicia está á cabeza das CCAA en listas de espera para persoas que teñen recoñecido o dereito á atención; a supresión do dereito á asistencia a persoas inmigrantes e retornados ata seis meses logo de estar empadroados; a supresión do dereito á atención ás persoas sen recursos ou que esgoten o paro; o anuncio feito polo Presidente da Xunta nos medios de Comunicación da súa intención de pór fin á gratuidade das receitas aos pensionistas ou o pago pola comida, limpeza, aseo, etc., das persoas hospitalizadas etc., etc. . Todas estas medidas supoñen un atentado contra o dereito á asistencia sanitaria pública, universal, gratuíta no momento do uso, accesible e equitativa.
Coa entrega desta bolsa (que contén o que moitos cidadáns galegos e galegas deberán levar aos hospitais para poder comer ou estar aseados se carecen de recursos económicos) os representantes parlamentares da cidadanía galega, queremos mostrar o noso rexeitamento a unhas POLÍTICAS QUE XERARÁN LIMITACIÓNS NO ACCESO A ATENCIÓN E DISCRIMINACIÓN EN FUNCIÓN DO NIVEL DE RENDA DOS PACIENTE ATENDIDOS NOS CENTROS PÚBLICOS, vulnerando a Constitución Española, a Lei Xeral de Sanidade e a Lei Galega de Saude”

No hay comentarios:
Publicar un comentario