...

miércoles, 21 de diciembre de 2011

NOTA SOS para parlemento de Galicia

A Mesa do Parlamento de Galicia

“Os representantes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran, agrupadas na Plataforma SOS Sanidade Pública queremos facer chegar ao Parlamento de Galicia o seu rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012.

Entre as medidas que rexeitamos están a privatización do financiamento e xestión dos novos hospitais e centros de saúde; a paralización da actividade dos hospitais públicos pola tarde; o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria subscrito pola presidencia da Xunta de Galicia coa organizacións profesionais e sindicais; a supresión dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais; o desmantelamento de áreas sanitarias; a supresión de servizos de ambulancias; a privatización dos servizos de diálises nalgúns centros; a privatización dos servizos de información aos usuarios, de informática e a Central de Compras; o pago pola xestión das tarxetas sanitarias; o pago por adiantado sen garantía das próteses das persoas intervidas cirurxicamente ou que padezan serias discapacidades; a redución dos fondos para prevención das drogodependencia ou da SIDA ; a redución de fondos para a atención ás discapacidade a pesar de que Galicia está á cabeza das CCAA en listas de espera para persoas que teñen recoñecido o dereito á atención; a supresión do dereito á asistencia a persoas inmigrantes ata seis meses logo de estar empadroados; a supresión do dereito á atención ás persoas sen recursos ou que esgoten o paro; o anuncio feito polo Presidente da Xunta nos medios de Comunicación da súa intención de pór fin á gratuidade das receitas aos pensionistas ou o pago pola comida, limpeza, aseo, etc., das persoas hospitalizadas etc., etc. . Todas estas medidas supoñen un atentado contra o dereito á asistencia sanitaria pública, universal, gratuíta no momento do uso, accesible e equitativa.

Coa entrega desta bolsa (que contén o que moitos cidadáns galegos e galegas deberán levar aos hospitais para poder comer ou estar aseados se carecen de recursos económicos) á representantes parlamentares da cidadanía galega, queremos mostrar o noso rexeitamento a unhas POLÍTICAS QUE XERARÁN  LIMITACIÓNS NO ACCESO A  ATENCIÓN E DISCRIMINACIÓN EN FUNCIÓN DO NIVEL DE RENDA DOS PACIENTE ATENDIDOS NOS CENTROS PÚBLICOS, vulnerando a Constitución Española, a Lei Xeral de Sanidade e a Lei Galega de Saude”

Manuel Martin

Portavoz SOS Sanidade Públlica

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario