NOTA DE PRENSA
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo considera inaceptable o plan de pechar farmacias pola noite na área de Vigo que pretende, entre outras, pechar unha das 3 farmacias de garda nocturna en Vigo; suprimir as de Baiona, Nigrán e Gondomar a rotar entre elas para as gardas; ou que as perdan as localidades de Arbo, As Neves e Tomiño.
Consideramos neste sentido:
1.- Que as farmacias de garda son un servizo sanitario público, que aínda que prestado por farmacéuticos deben estar o servizo dos cidadáns. Se a Consellería de Sanidade decide estes peches estará introducindo un novo recorte nos servizos sanitarios aos cidadáns da área de Vigo por motivos económicos. Esta medida, que dificultará o acceso aos medicamentos en situacións de urxencia, permitirá aforrar 243 euros por noite aos establecementos farmacéuticos.
2.- As farmacias, na súa calidade de servizo sanitario público, gozan dun status de privilexio que fai que a apertura de novas farmacias sexa regulada pola lei para evitar competencia, que teñan garantidos uns marxes de beneficios en torno ao 27% na venta de medicamentos, e a seguridade social proporciónalles a clientela con carácter monopolístico. Polo que é inaceptable este recorte atendendo so aos seus intereses.
3.- Hai centos de farmacéuticos sen posibilidades de abrir establecementos que poderían cubrir este servizo.
Esiximos á Consellería de Sanidade que de marcha atrás neste proxecto que dificultará o acceso aos medicamentos, na atención sanitaria de urxencias, á cidadanía da área de Vigo.
Vigo, 13 de decembro de 2011
Manuel Martín
Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo

No hay comentarios:
Publicar un comentario