...

jueves, 22 de diciembre de 2011

nota concentracion SOS sanidade publica parlamento galicia

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública a súa satisfacción pola mobilización fronte ao Parlamento de Galicia das Plataformas agrupadas en SOS- Sanidade Pública contra os recortes e privatizacións da sanidade pública galega.


Na mobilización participación a maioría 16 as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública constituídas en todas as áreas sanitaria da Comunidade Autónoma (pola COGAVE, CIG, UGT, SATSE, AGDSP, BNG, PSG-PSOE, Asociacións de pacientes, etc.) , que despregaron carteis desde a tribuna do Parlamento contra os recortes e privatizacións dos orzamentos sanitarios para o ano 2012 e pancartas fronte ao mesmo,  portadas por máis de 200 representantes dos miles de cidadáns e cidadás, que durante todo este ano mostraron seu rexeitamento polo deterioro do sistema público perpetrado polo Goberno de Núñez Feijoo.


Ao final do debate da Lei de Acompañamento do Orzamento, deputados do PSG ?PSOE e do BNG, que se opuxeron no debate á redución do orzamento sanitario, aos recortes do dereito á asistencia sanitaria e ás medidas para introducir solapadamente o copago, saíron ás portas do Parlamento onde os manifestantes de SOS-Sanidade Publica fixéronlles entrega dunha  “bolsa de supervivencia para os pacientes hospitalizados nos centros públicos galegos” aos que Núñez Feijoo quere facer pagar pola comida, a hixiene, a auga e outros servizos complementarios.


Esta mobilización foi a culminación dunha serie de actividades despregadas en gran parte das áreas sanitarias contra a política de deterioración sistemática do sistema sanitario pola actual Xunta de Galicia, gobernada polo PP, (retirada cartilla sanitaria a parados de longa duración e emigrantes; pago por prótese a discapacitados; paralización atención dependencia; desmantelamento áreas sanitarias, privatización diálise, supresión radiólogos de garda, peche de laboratorios; redución orzamantos para atención á SIDA e drogodependencia; paralización obras hospitais e centros de saúde, etc.) , no que SOS Sanidade Pública colaborou con diferentes organizacións ou movementos como o 15M, O Foro da Emigración, ATTAC, Medicos do Mundo, Profesionais de Atención á Drogodependencia, etc.

 

 

Manuel Martin Garcia

Portavoz AGDSP

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario