...

martes, 13 de diciembre de 2011

concentracion SOS fronte parlamanento de galicia

Estimados amigos e amigas: Recordarvos que o próximo dia 21 de decembro a partir das 17 horas a Plataforma SOS Sanidade Pública realizara unha concentración de protesta fronte o Parlamento de Galicia contra dos recortes e privatizacións da Xunta de Galicia nas diferentes áreas da sanidade pública galega (tense solicitada autorización)


Acordamos que cada Plataforma debería colaborar activamente levando o maior número posible de persoas que poida desprazar así como levando pancartas e carteis coas súas principais reivindicacións.


Como ese dia comézanse a debater os orzamentos do próximo ano, que incrementarán os ataques ao sistema sanitario público por parte do actual goberno, conseguimos que os grupos parlamentarios do PSDEG-PSOE e do BNG proporciónennos 30 invitacións para que as persoas que queiran poidan estar presentes no debate dentro da cámara. Para iso deberíaas enviar antes do próximo venres (ata o medio dia) os nomes e DNI das persoas de cada Plataforma ou colectivo que queiran entrar no Parlamento.


Un cordial saúdo

 

Manuel Martin

Portavoz SOS Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario