ACTA PLATAFORMA SOS 27 DE NOVEMBRO DE 2011. Asistentes Debates: Houbo acordo xeral de que as respostas dadas desde as Plataformas e as organizacións que forman SOS Sanidade Pública ás medidas de recorte de dereitos postas en marcha pola Consellería de Sanidade (esixencia de 183 días de empadroamento para ter dereito á asistencia sanitaria que afectan a inmigrantes e persoas en situación de precariedade social; bloqueo do cartón sanitario ás persoas sen recursos económicos que se atopan en situación de desemprego) fixeron dar marcha atrás á Consellería de Sanidade. Ésta négaas ou ata proclama que estas non supoñen ningún recorte de recursos, pero non as retiran do proxecto de lei de acompañamento dos orzamentos. Esta marcha atrás supón que as actuacións e mobilizacións a nivel mediático, político e social sí teñen capacidade para facer retroceder á administración nos seus intentos de recortar os dereitos á asistencia sanitaria. Con todo, seguen pendentes o intento de introducir o copago pola porta de atrás como facer pagar a asistencia a quen faga un uso irresponsable dos servizos sanitarios (algo dada a imposibilidade de determinar este concepto) ou o cobrar pola renovación do cartón sanitario) Tamén se analizaron outras medidas de recorte sanitarios como a redución do orzamento sanitario, os recortes nas axudas a Concellos e organizacións para a prevención e atención ás drogodependencias, SIDA e Atención Sociosanitaria, peche ambulancias, peche de farmacias de garda en áreas rurais, supresión servizos de farmacia en hospitais de menos de 100 camas, etc. Reiterouse a necesidade de manter a unidade e o rigor nas análises e as informacións á prensa para seguir mantendo a credibilidade de SOS Sanidade Pública. Acordos · Esixir a retirada de todas estas medidas · Presentación pública do Manifesto contra as restricións ao acceso ao Sistema sanitario Público subscrito por SOS con Medicos do Mundo, Foro da Emigración e outras organizacións sociais, unha vez que teñamos a relación definitiva de adhesións ao mesmo. Recoller e denunciar os casos de vulneración do dereito á asistencia sanitaria (en colaboración coa Plataforma contra o Desafiuzamento da Coruña). · Facer entrega dun escrito de rexeitamento a todas estas medidas á Presidencia da Xunta, para o que se convocará unha concentración de representantes de todas as Plataformas e das organizacións que a integran fronte ao Parlamento , facéndoa coincidir co debate dos Orzamentos da Xunta fronte ao Parlamento de Galicia (entre o 20 e 23 de Novembro) , para o que se realizará á solicitude correspondente . Informouse sobre os tramites realizados para levar adiante a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do sistema sanitario público galego, contra o seu recorte e a privatización do seu financiamento e xestión e pola mellora da atención primaria Acordouse iniciar a recollida de firmas a partir da primeira semana do mes de xaneiro, cunha rolda de prensa de presentación en santiago e outras en cada unha das Plataformas Manuel Martin García Portavoz SOS – Sanidade Pública |
jueves, 8 de diciembre de 2011
acta plataforma SOS Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario