...

jueves, 10 de noviembre de 2011

RV: Nota de prensa sobre a redución orzamentaria para as Unidades Asistenciais de Drogodependencia

Remito nota de prensa da Plataformas de Cangas e Moaña sobre restricións nas Unidades de Tratamento á Drogodependencia, nun paso máis no recorte de prestacións aos sectores máis débiles socialmente e que precisarían máis apoio, sobre todo en época de crise.

Neste caso poderiamos volver aos anos 80 onde as persoas con drogodependencia deixadas  a súa sorte eran un foco de inseguridade social para todos.

Manuel Martin Garcia

Portavoz SOS Sanidade Pública

 

 

De: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas [mailto:plataformasanidadecangas@gmail.com]
Enviado el: jueves, 10 de noviembre de 2011 10:42
Para: undisclosed-recipients:
Asunto: Nota de prensa sobre a redución orzamentaria para as Unidades Asistenciais de Drogodependencia

 

Con rogo de publicación no seu medio envíámoslle a nota de prensa adxunta sobre o recorte orzamentario para as UADs (Unidades Asistenciais á Drogodependencia) que afecta tamén á que se encontra ubicada en Cangas.

Sen outro asunto, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

 

 

 

Asdo.: Xosé María Sánchez Pena

DNI: 36.013.751Y

móbil: 678 553 928

 

 

 

Nota de prensa

 

O Proxecto de Orzamentos da Xunta para 2012 tamén contempla unha brutal reducción orzamentaria para as catorce Unidades Asistenciais de Drogodependencia  que prestan os seus servizos en Galicia, entre as que se encontra a de Cangas que funciona como cabeza de comarca no Morrazo. Para o próximo ano contarán en conxunto con 3.994.784 euros, un millón menos que no presente exercicio de 2011.

 

Estes datos resultan ben alarmantes porque poñen a estes dispositivos de atención ás drogodependencias no camiño da súa desaparición definitiva. Denunciamos, ademáis, que esta medida é a continuación dun persistente proceso de redución dos programas de mellora da calidade que se veñen producindo nos Centros Asistenciais nos últimos anos.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña estiman que é preciso que o concello de Cangas, que asume a xestión da Unidade Asistencial de Cangas, e o resto das corporacións do Morrazo con poboación asignada a este centro fagan oír a súa voz comprometida fronte á Consellería de Sanidade pola continuidade destes servizos tan importantes para fomentar a prevención e a reinserción dun colectivo social especialmente fráxil e vulnerable. Se non se actúa neste momento, cando o proxecto de orzamentos autonómico está a discusión no Parlamento de Galicia, existe o risco de que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) cos escasos recursos asignados, se encontre na imposibilidade de soster os dispositivos e os recursos humanos que traballan nos centros asistenciais de drogodepencia.

De novo son os que máis o necesitan e os que menos posibilidades teñen de reaccionar  socialmente as primeiras e principais vítimas nas que se ensañan as medidas indiscriminadas, inxustas e insolidarias de recortes que está a levar adiante a Xunta de Galicia.

 

Cangas, 10 de novembro de 2011

 

 

 

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas

No hay comentarios:

Publicar un comentario