...

sábado, 12 de noviembre de 2011

resposta SOS Sanidade publica a Nuñez Feijoo

Nota de prensa de SOS Sanidade Pública ante as declaracións do presidente N Feijóo relativas á suposta politización da oposición da cidadanía galega á privatización e aos recortes Sanitarios.

______________________________


O Presidente da Xunta de galicia, para facer fronte á onda de indignación e protestas desatadas tras o anuncio de querer facer pagar aos cidadáns galegos polo uso irresponsable da asistencia sanitaria (medida destinada a coar pola porta de atrás o copago), volve pór en circulación novos enganos.


Núñez Feijoo pretende facer crer que medida está destinada a loitar contra a fraude na sanidade pública como o chamado turismo sanitario (unicamente o 2% dos estranxeiros que usan os servizos sanitarios fano), o uso fraudulento das tarxetas de pensionistas, os abusos nos concertos con centros privados ou a actuación das aseguradoras nos accidentes de tráfico.


É ridículo pretender pór a fraude cidadá co espolio que practican as empresas e multinacionais do sector sanitario privado co diñeiro público. Isto vén mostrar, unha vez máis, a falta de escrúpulos do goberno galego á hora de disfrazar as súas políticas de recortes e privatizacións dos recursos públicos.


A Plataforma SOS-Sanidade Pública, criticada polo Sr Presidente quere recordar que o leva dous anos privatizando a sanidade galega e nós máis de 25 anos loitando pola súa mellora traballando duramente para concienciar e mobilizar ao pobo galego para que a coide e protexa.


O problema de Feijoo non é a plataforma SOS Sanidade Publica senón que a cidadanía galega é a máis concienciada en todo o país, e a que mais móvese no seu defensa e mellora e contra os recortes das políticas privatizadoras que pretenden converter a sanidade nun mercado e á súa xestión nun negocio.

 

O que teme realmente o presidente galego é que a sublevación cívica de Galicia, en contra da súa estratexia de recortes e privatizacións sanitarias, sexa coñecida fóra da nosa Comunidade Autónoma e confirme as sospeitas da opinión pública de que o seu partido oculta o propósito de privatizar a sanidade pública onde goberne

Manuel Martin Garcia

Portavoz SOS Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario