Ante as insidiosas declaracións do portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices que atribúen á Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública o ser un apéndice do Partido Socialista ou de haber sido remunerados polo goberno bipartito esta Asociación quere comunicar:
1.- Que a maior parte dos socios da mesma son profesionais sanitarios sen adscrición política algunha, aínda que na mesma hai socios militantes de PS de G, BNG, Esquerda Unida, CIG, UXT, CC.OO, CSIF, SATSE , AGMFEC, … e doutros sindicatos e organizacións profesionais políticas e sanitarias.
2.- Nesta pluralidade ideolóxica baséase a forza deste colectivo , que leva máis de 30 anos loitando pola Defensa da Sanidade Pública Galega cunha condicións de enorme precariedade material que suplimos un gran compromiso e esforzo persoal e profesional
3.- Do que se deberían preocupar os dirixentes do PP é de dar marcha atrás na súa estratexia de recorte de dereitos sanitarios ás persoas máis desfavorecidas que deberían ser o obxectivo prioritario das actuacións dos servizos sanitaria.
É inaceptable desde a óptica de calquera sanitario (ou persoa humana) que restrinxa a atención sanitaria esixindo seis meses de empadroamento nun concello galego para acceder á sanidade pública ou ser operado, aos inmigrantes ou a persoas con situacións de precariedade social como a perda do desemprego, ou que se lle retire a atención sociosanitaria a persoas discapacitadas e pobres en Galicia.
Estas decisións supón unha vulneración flagrante da Lei Xeral de Sanidade e da Lei de Estranxeiría, a Lei de Cohesión Sanitaria ,o Pacto Internacional de Dereitos Económicos Sociais e Culturais e o artigo 25 da Declaración de Dereitos Humanos , subscritos polo Estado Español do que forma parte a Xunta de Galicia, e que garanten o dereito á saúde como un ben indispensable para o desenvolvemento humano. Como denunciaron o Ministerio de Sanidade, o Foro da Inmigración ou Médicos do Mundo
Manuel Martin Garcia
Portavoz Asociación Galega para a Defensa de Sanidade Pública
Tno 660704177

No hay comentarios:
Publicar un comentario