A Consellería de sanidade publicou no DOGA o DECRETO 209/2011, do 27 de outubro, polo que se establecen as tarifas dúas servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias. Cunha disposición adicional única que establece un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por estes como consecuencia do uso irresponsable dás prestacións asistenciais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere dar a coñecer que esta medida supón
1.- Un paso máis na estratexia solapada de introducir o copago na sanidade pública que xa comezou co pago polo acceso ao cartón sanitario, que agora se traslada a algo moito máis transcendental como é o pago por asistencia sanitaria
2.- Esta decisión vulnera a Lei Xeral de Sanidade que garante o carácter universal e gratuíto da asistencia sanitaria dos cidadáns galegos (a sanidade non é gratuíta por que a financiamos cos nosos impostos),
3.- É absolutamente demagóxico e irracional o recorrer ao concepto de uso irresponsable dos recursos cuxa amplitude e ambigüidade faio imposible de determinar. O Decreto non establece tampouco os criterios para o mesmo nin quen xulgará a irresponsabilidade. Habería que recordar a dificultade de introducir estes conceptos na atención sanitaria xa que é dabondo con coñecido que tan só o 30% das solicitudes de probas diagnósticas dos medicos (galegos, españois ou a nivel internacional) están baseadas en criterios científicamente comprobados (é isto irresponsable?)
Desde a AGDSP advertimos a toda a cidadanía galega que o Goberno de Núñez Feijoo continúa coa súa política de privatizar a sanidade pública galega, utilizando todos os medios ao seu alcance e esixímoslle a retirada inmediata da disposición
Manuel Martin
Portavoz AGDSP
Tno 669704177

No hay comentarios:
Publicar un comentario