...

martes, 29 de noviembre de 2011

Convocatoria e Orde do Día VI Foro Inter-Asambleas de Galicia

O movemento cidadán Indígnate–Pontevedra convida ás Asambleas locais do 15M Galicia, a asistir ao VI Foro Inter-Asambleas, que se celebrará o próximo sábado 17 de decembro na nosa localidade.

Terá lugar no Bar Rualta (rúa Alta nº 9), onde se desenvolverá a Asamblea e o xantar, para o que facilitaremos nos próximos días un croquis que facilite a súa localización. En calquera caso, estamos dispostos a citarvos na Alameda de Pontevedra (frente o Concello) para evitar confusións.

O horario da xornada será o que segue:

  • 11:00 h. - Benvida e presentación dos participantes.
  • 11:30 h. - Lectura da Acta da Asamblea anterior e da Orde do día do 17 de decembro.
  • 12:00 h. - Orde do día 17 de decembro de 2011.
  • 14:00 h. - Descanso e xantar.
  • 15:30 h. – Continuidade dos puntos 3 e 4 da Orde do día.
  • 18:00 h. - Descanso.
  • 18:30 h.-  Continuidade da Asamblea: punto 5 da Orde do día.
  • 20:00 h. - Convocatoria VII Foro Interasembleas de Galicia e despedida.

Ficamos á espera de que vaiades confirmando asistencia en calquera dos contactos que se facilitan. Agardamos seguir dando pulo a este movemento coa continuidade destas convocatorias que fan precisa a asistencia de todxs.

Para calquer asunto non dubidedes en poñervos en contacto con nós. A continuación, adxuntamos a Orde do día.

 

Saudos.

--
¡Indígnate Pontevedra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario