Tendo en conta a situación que está a vivir a cidadanía, ninguén dubida da necesidade dunha sociedade civil organizada e participativa no proceso de construcción social. Baixo esta perspectiva ATTAC segue collendo forza, deste xeito en Galicia decimos presentar "en sociedade" ATTAC XEC (xustiza económica global), unha agrupación territorial de ATTAC, reorganizada e con máis forza para tratar de romper co pensamento único establecido, porque as cousas se poden facer de moitas xeitos, e o actual precisamente, está bastante lonxe do que satisface as necesidades das persoas e o coidado do planeta.
Agradecemos a tua presencia neste acto o próximo mércores 23 de novembro as 19 horas na biblioteca pública Anxel Casal en Santiago de Compostela (ubicación http://goo.gl/Ri9RB)
Coa presencia de Ricardo Zaldivar, presidente de ATTAC España, xunto cos compañeiros de Galicia, faremos unha presentación o movemento ATTAC, análise da situación, ferramentas de traballo, exposición da labor de ATTAC en Galicia, que cabe facer cara o futuro e debate.
Pensa global, actua local!
Unha aperta da xunta directiva de ATTAC XEC.
www.attacgalicia.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario