Un saudo
Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
De: Plataformabarbanza Plataformabarbanza [mailto:plataformabarbanza@gmail.com]
Enviado el: martes, 25 de octubre de 2011 23:01
Para: undisclosed-recipients:
Asunto: CONCENTRACIÓN DÍA 27 NA PRAZA DO CONCELLO DE RIBEIRA
A Plataforma en defensa da sanidade publica da Barbanza convoca a toda a cidadanía aconcentración que terá lugar o xoves 27 de outubro ás 20.00 horas na praza do concello de Ribeira.
Ese mesmo día a esa mesma hora SOS sanidade pública convoca manifestacións e concentración en todas as cidades e comarcas de Galicia (Vigo, Pontevedra, Ourense, O Barco, Monforte, Lugo, Santiago, Ferrol, Coruña.....) NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA CONTRA OS RESCORTES SANITARIOS.
Ese día temos algo importante que celebrar a Non privatización do servizo de diálise e apertura do servizo martes, xoves e sábado, de xeito que todos os doentes da nosa comarca que necesitan ser dializados poden facelo no Hospital da Barbanza e poden deixar de viaxar 3 días a semana a Santiago, pero aínda nos queda moito polo que loitar:
· a posibilidade do peche do pac da pobra do caramiñal está cada vez máis cerca.
· En porto do son nin hai pac nin ambulancia medicalizada a pesar da sua distancia ao hospital.
· a unidade de saúde mental é un proxecto totalmente paralizado
· necesitamos unha unidade de paliativos e un hospital de día para recibir tratamentos oncolóxicos xa
·esiximos transparencia e consecución de tempos adecuados nas listas de espera
· a privatización dos servizos de suministros está en marcha
· seguimos tendo un dos dous hospitais galegos que non teñen celadores na sua plantilla.
por todo iso seguiremos mobilizándonos e pedindolle a cidadanía que participe con nos
pLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA COMARCA DA BARBANZA
No hay comentarios:
Publicar un comentario