NOTA DE PRENSA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA SOBRE A PRESENTACIÓN DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA
Santiago 20 de Outubro de 2011
A Plataforma SOS presentou en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.
A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS propón catro puntos:
1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos
2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia
3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa
Unha vez presentada no Parlamento SOS e as organizacións que a apoian recollerán firmas por toda Galicia aproveitando esta actividade para explicar e debater coa cidadanía as políticas de recorte e privatización que esta levan a cabo a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia
Tamén se recordou que o 27 de Outubro están convocadas mobilizacións en todas as áreas sanitarias en defensa da sanidade pública e contra os recortes de recursos sanitarios da Xunta.
Á rolda de prensa asistiron representantes das plataformas de e , Ferrol, Ourense, Santiago, Vigo, Monforte, Barbanza, Pontevedra, A Coruña e O Barco, que estiveron apoiados por membros dos sindicatos CC.OO., UGT e CIG; así como de representantes dos grupos políticos do BNG, PSDEG e Esquerda Unida. Desculparon as súas asistencia a Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE) , o sindicato de enfermería SATSE e as plataformas de Burela, Lugo Cangas, Moaña, Salnes, que apoian a Iniciativa
No hay comentarios:
Publicar un comentario