Os Sindicatos CC.OO, SATSE, USAE, UGT, CIG, todos eles representantes da Xunta de Persoal da Área Norte de Pontevedra, fan un chamamento a todos os traballadores da área a participar na manifestación convocada por SOS Galicia que se vai levar a cabo o día 27 de Outubro de 2011, ás 20:30 horas con saida dende a Praza da Ferreria.
Dita manifestación é convocada en prol da defensa da Sanidade Pública e contra os recortes que se están a levar a cabo contra a Sanidade por parte da Xunta de Galicia.
Lamentamos o non apoio a esta manifestación por parte do resto das Organizacións que están representados na Xunta de Persoal da Área Norte de Pontevedra.
Pontevedra a 24 de Outubro de 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario