...

miércoles, 26 de octubre de 2011

confirmacion novo hospital vigo tera 900 camas

Achegamos información de empresa norteamericana contratada pola Xunta de Galicia para controlar a construción do Novo Hospital de Vigo. A empresa “Hill International “ seleccionada para xestionar a construción do novo Hospital de Vigo en España comunica ao seu paxina WEB (http://www.gerenshill.com/proyectos_detalle.php?id=167&lan=) que o hospital terá exclusivamente che 900 camas (documento que achegamos)

Tal como viñamos denunciando desde a Plataforma de Vigo de xeito repetido, o Novo Hospital de Vigo tendra só 900 camas e non as 1450 necesarias e que a conselleira onte no Parlamento de Galicia asegurou que tería.

Son moitos os datos que manexamos desta intolerable redución do Novo Hospital que supón un desaire á cidadanía do area viguesa que suma 600 mil habitantes e vén sufrindo desde fai anos unha tremenda carencia de recursos, como pon de relevo a demora quirurxica en probas e en consultas por encima da media de Galicia.

Tamén sabemos que iso se fai, entre outras razóns, para conservar o mercado cativo para POVISA que supón100 mil habitantes asignados

Preténdese asi  facer un hospital insuficiente para garantir a POVISA o seu mercado publícoo e  dar réditos económicos , via PFI,  as construtoras e financiadoras privadas,

A conselleira de sanidade mente e agora iso é xa evidente sen escusa algunha. Mente ante os representantes do pobo galego e mente á cidadanía viguesa; mente aos profesionais sanitarios que soporta unha enorme carga asistencial con absoluta profesionalidade e mente aos alcaldes do area sanitaria e ao alcalde de Vigo e a todas as institucións cidadás sociais, empresariais e políticas. E o fai seguindo as instrucións do presidente da Xunta de Galicia da que ela é brazo executor.

Por todo o esiximos a reconversión do proxecto ao financiamento público e a dimisión da Conselleira

Manuel Martin

Portavoz Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

669704177

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario